29/12/2021

Celebración do VIII centenario do nacemento do rei Afonso X O Sabio

O noso instituto está a conmemorar a celebración do nacemento do rei Afonso X O Sabio (nada menos que o seu oitavo centenario) e para facelo realizáronse unha serie de actividades. Por unha banda, durante o terceiro trimestre do curso 2020-21, o departamento de Xeografía e Historia desenvolveu un proxecto específico sobre a do rei, levado a cabo pola profesora Isabel González, dentro do proxecto Afonso Reporteiros e que recibiu o terceiro premio na "XIII Edición dos Premios Educacompostela de recursos didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica". En decembro do 2021, realizouse unha exposición organizada polo departamento de Xeografía e Historia e Vicedirección que reunía algúns aspectos da vida e obra do rei sabio. Ademais, desde o departamento de música promoveuse a interpretación e gravación dalgunhas cantigas de Afonso X O Sabio, como a Cantiga 302:

   
 
e a Cantiga 119:

   

nestas gravacións participaron alumnado do coro escolar, de artes escénicas e danza de 4ºESO e de Historia da Música e da Danza de 2ºBACH. O resumo do proxecto vese reflectido neste artigo do periódico de La Opinión de A Coruña

27/12/2021

Concerto do coro

O coro do IES Afonso X O Sabio, formado por alumnado de 1º, 2º e 3ºESO e participante no proxecto MUSICVIBE, participou no concerto de coros escolares do IES María Casares de Oleiros, que tivo lugar o 20 de decembro pola mañá no auditorio da Fábrica (Oleiros). Neste concerto participaron estudantes dos institutos IES Neira Vilas, IES María Casares (ambos de Oleiros), IES Afonso X O Sabio (Cambre) e IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela) e rematou cunha interpretación grupal de todos os asistentes dunha canción que se montou en vivo. Moitas grazas á organizadora do concerto, ás directoras dos coros participantes e a todo o alumnado, que traballou con moita ilusión para preparalo. Artigo no periódico La Opinión de A Coruña

12/12/2021

Cantiga 302: A madre de Jesú-Cristo que é Sennor de nobrezas

 

O pasado día 9 de novembro unha parte do coro do IES Afonso X O Sabio gravou a cantiga 302 de Afonso X O Sabio na Igrexa Santa María de Cambre, acompañados polo guitarrista Santi Cañás e cos solistas Lucas Uriz, Raquel Cernadas e Ariana Asorey. A gravación ten por obxectivo celebrar o VIII centenario do nacemento do rei Afonso X O Sabio.