23/05/2022
01/04/2022
Recepción de alumnado do proxecto MusicVibe
Durante a próxima semana, do 3 ao 7 de abril, un grupo de catorce alumnos italianos 🇮🇹 acompañados por dous profesores visitarán o #iesafonsoxcambre para participar na primeira mobilidade de alumnado do proxecto #erasmusplus KA2 MusicVibe. Este proxecto está financiado pola Unión Europea 🇪🇺 e nel participamos de forma bilateral co Istituto Comprensivo Statale Rita Levi-Montalcini de Fontanafredda (Italia).
A temática fundamental proposta para esta semana de traballo será a
integración e a loita contra as desigualdades a través da música 🎵 e as artes 🎨. Durante toda a
semana levaremos a cabo diversas actividades e obradoiros nas que o noso alumnado
traballará co alumnado italiano empregando a lingua inglesa. Faremos un
percorrido por Cambre e outro por Coruña para mostrarlles o noso patrimonio
artístico e cultural, así como dous concertos en colaboración con alumnado
doutros institutos e o instituto italiano. Tamén contaremos coa participación
da asociación cultural Garrulaxe de #Cambre para mostrar o folclore 💃🕺 galego aos estudantes estranxeiros.
24/02/2021
Gañadores do concurso de logo
Dende o equipo de proxectos europeos queremos agradecer a participación do alumnado do IES Afonso X O Sabio no concurso de logo para o proxecto MusicVibe.
A elección foi moi difícil pero xa temos @s tres finalistas do concurso:
- Laura López Pardo de 4º ESO A:
- Celia Guerreiro Martín de 4º da ESO B:
- Adrián Padín Pampín de 1º ESO A:
21/01/2021
Novo proxecto Europeo MusicVibe
O IES Afonso X O Sabio comeza este curso 2020/2021 un novo Proxecto Erasmus no que participará o alumnado de 2º da ESO da sección bilingüe de música.
Este proxecto é desenvolto polo noso centro e o Instituto Comprensivo Statale di Fontanafredda Rita Levi-Montalcini, de Italia e terá unha duración de dous cursos escolares.
O proxecto centrarase no intercambio de boas prácticas empregando a música como ferramenta de mellora da integración e da convivencia, así como no achegamento á nosa identidade cultural, comparándoa con outras.
O alumnado participante poderá realizar un intercambio co centro italiano, e recibirá tamén aos compañeiros e compañeiras italianas nas súas casas durante a visita que se realizarán a Cambre.
