13/04/2022

Último día de mobilidade en Cambre

Hoxe despedimos aos nosos socios italianos 🇮🇹 do proxecto 🇪🇺 MusicVibe.
Nas primeiras sesións da maña o alumnado italiano asistiu a clase con varios grupos do #iesafonsoxcambre. Mentres os docentes coordinadores do proxecto mantiveron unha reunión de seguimento.
Despois dun receso, asistiron a un obradoiro de danza e discriminación racial impartido pola profesora Beatriz Alonso.
Rematamos a mañá cun concerto no salón de actos no que participaron os alumnos de música do #iesafonsoxosabio.
Tras xantar 🍛 no instituto, fixemos unha festa 🎊🎉 de despedida con xogos populares, karaoke 🎤 e música 🎶.

06/04/2022

Cuarto día de mobilidade en Cambre

Hoxe o equipo do proxecto MusicVibe foi recibido polo alcalde de Cambre Óscar G. Patiño e os concelleiros Daniel Mallo e Miguel Ángel Gutierrez. A continuación visitaron o museo arqueolóxico e a Igrexa de Cambre.

Xa de volta no instituto, participaron en dous obradoiros, un de voz impartido pola profesora Beatriz Alonso e outro de pandeireta, impartido polo profesor José Antonio Valiña.

Pola tarde, despois de xantar na cafetería do instituto, participaron nunha festa de folklore galego en colaboración coa asociación Garrulaxe de Cecebre.











05/04/2022

Terceiro día de mobilidade en Cambre

Hoxe o equipo do proxecto 🇪🇺 MusicVibe tivo un día repleto de actividades. A primeira hora fixeron un percorrido pola cidade da Coruña cos socios italianos 🇮🇹. Despois desfrutaron dun concerto 🎵 de coros escolares no conservatorio da Coruña no que participou alumnado do instituto e doutros institutos da contorna. Remataron a mañá facendo unha visita guiada ao museo MUNCY e, pola tarde visitaron a Torre de Hércules.












04/04/2022

Segundo día de mobilidade en Cambre

Hoxe recibimos no instituto aos nosos socios italianos. Comezamos a mañá cunha charla sobre equidade na que participaron tanto o alumnado italiano coma o do centro. 

A continuación, tivo lugar a recepción oficial no salón de actos na que a directora do centro, Belén Vidal, deu a benvida ao equipo italiano.

Rematamos a mañá con dous talleres contra a discriminación nos que puidemos reflexionar sobre desigualdades, analizar diversas cancións e elaborar unha campaña publicitaria contra a discriminación.














01/04/2022

Recepción de alumnado do proxecto MusicVibe

Durante a próxima semana, do 3 ao 7 de abril, un grupo de catorce alumnos italianos 🇮🇹 acompañados por dous profesores visitarán o #iesafonsoxcambre para participar na primeira mobilidade de alumnado do proxecto #erasmusplus KA2 MusicVibe. Este proxecto está financiado pola Unión Europea 🇪🇺 e nel participamos de forma bilateral co Istituto Comprensivo Statale Rita Levi-Montalcini de Fontanafredda (Italia).

A temática fundamental proposta para esta semana de traballo será a integración e a loita contra as desigualdades a través da música 🎵 e as artes 🎨. Durante toda a semana levaremos a cabo diversas actividades e obradoiros nas que o noso alumnado traballará co alumnado italiano empregando a lingua inglesa. Faremos un percorrido por Cambre e outro por Coruña para mostrarlles o noso patrimonio artístico e cultural, así como dous concertos en colaboración con alumnado doutros institutos e o instituto italiano. Tamén contaremos coa participación da asociación cultural Garrulaxe de #Cambre para mostrar o folclore 💃🕺 galego aos estudantes estranxeiros.