Hoxe o equipo do proxecto 🇪🇺 MusicVibe tivo un día repleto de actividades. A primeira hora fixeron un percorrido pola cidade da Coruña cos socios italianos 🇮🇹. Despois desfrutaron dun concerto 🎵 de coros escolares no conservatorio da Coruña no que participou alumnado do instituto e doutros institutos da contorna. Remataron a mañá facendo unha visita guiada ao museo MUNCY e, pola tarde visitaron a Torre de Hércules.
Amosando publicacións coa etiqueta coro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coro b>. Amosar todas as publicacións
05/04/2022
Terceiro día de mobilidade en Cambre
29/12/2021
Celebración do VIII centenario do nacemento do rei Afonso X O Sabio
O noso instituto está a conmemorar a celebración do nacemento do rei Afonso X O Sabio (nada menos que o seu oitavo centenario) e para facelo realizáronse unha serie de actividades.
Por unha banda, durante o terceiro trimestre do curso 2020-21, o departamento de Xeografía e Historia desenvolveu un proxecto específico sobre a do rei, levado a cabo pola profesora Isabel González, dentro do proxecto Afonso Reporteiros e que recibiu o terceiro premio na "XIII Edición dos Premios Educacompostela de recursos didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica".
En decembro do 2021, realizouse unha exposición organizada polo departamento de Xeografía e Historia e Vicedirección que reunía algúns aspectos da vida e obra do rei sabio. Ademais, desde o departamento de música promoveuse a interpretación e gravación dalgunhas cantigas de Afonso X O Sabio, como a Cantiga 302:
e a Cantiga 119:
nestas gravacións participaron alumnado do coro escolar, de artes escénicas e danza de 4ºESO e de Historia da Música e da Danza de 2ºBACH.
O resumo do proxecto vese reflectido neste artigo do periódico de La Opinión de A Coruña
27/12/2021
Concerto do coro
O coro do IES Afonso X O Sabio, formado por alumnado de 1º, 2º e 3ºESO e participante no proxecto MUSICVIBE, participou no concerto de coros escolares do IES María Casares de Oleiros, que tivo lugar o 20 de decembro pola mañá no auditorio da Fábrica (Oleiros).
Neste concerto participaron estudantes dos institutos IES Neira Vilas, IES María Casares (ambos de Oleiros), IES Afonso X O Sabio (Cambre) e IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela) e rematou cunha interpretación grupal de todos os asistentes dunha canción que se montou en vivo.
Moitas grazas á organizadora do concerto, ás directoras dos coros participantes e a todo o alumnado, que traballou con moita ilusión para preparalo.
Artigo no periódico La Opinión de A Coruña
12/12/2021
Cantiga 302: A madre de Jesú-Cristo que é Sennor de nobrezas
O pasado día 9 de novembro unha parte do coro do IES Afonso X O Sabio gravou a cantiga 302 de Afonso X O Sabio na Igrexa Santa María de Cambre, acompañados polo guitarrista Santi Cañás e cos solistas Lucas Uriz, Raquel Cernadas e Ariana Asorey. A gravación ten por obxectivo celebrar o VIII centenario do nacemento do rei Afonso X O Sabio.
11/11/2021
Obradoiro de pandeireta
Aquí presentamos un resumo do que foi o obradoiro de pandeireta tradicional dos martes
Moitas grazas a todos e todas as participantes, pero especialmente a Lucas Uriz e a Raquel Cernadas, esta última, ademais, foi a nosa profesora.
10/10/2021
Inicio do proxecto do coro escolar
A inicios de outubro comezamos, pouco a pouco e seguindo as medidas do protocolo da COVID-19, a retomar o proxecto do coro do IES Afonso X O Sabio.
Os ensaios terán lugar nos primeiros recreos dos martes e, con frecuencia, os martes ao mediodía, actividade que se complementará cun xantar con todos os estudantes do coro.
Xa temos un concerto programado, que terá lugar o 20 de decembro no auditorio de A Fábrica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









