06/05/2022

Último día en Fontanafredda

Hoxe o alumnado asistiu a dúas clases cos compañeiros italianos. Despois dun pequeno recreo tiveron unha charla moi interesante sobre o matrimonio infantil, ao que moitas nenas de países como Irán ou Afganistán están abrigadas. E para terminar a mañá, tiveron un taller de artes no que fixeron varios collage sobre a temática da semana, a igualdade/desigualdade de xénero. 

Como remate da semana, pola tarde houbo un concerto no que tocaron e cantaron tanto o noso alumnado como o italiano. Como colofón cantamos todos xuntos unha das cancións que prepararon os nosos alumnos, "Azzuro".

Mañá toca volver a casa.



















05/05/2022

Quinto día de mobilidade en Fontanafredda

Hoxe tivemos un día de moito traballo no Instituto. Pola mañá comezamos cun obradoiro sobre as desigualdades no deporte: volleyball, boxeo, rugby e danza deportiva. Despois de traballar na aula o alumnado desprazouse ao pavillón de deportes onde xogaron ao softball. 

Un pouco máis tarde tiveron un obradoiro de música e tamén ensaiaron para o concerto do venres. Ao rematar o xantar e coma última actividade do día, rodaron un pequeno vídeo coas escenas preparadas o luns pola tarde.













04/05/2022

Cuarto día de mobilidade en Fontanafredda

Na xornada de hoxe estivemos no Concello, onde nos recibiu o concelleiro de Educación e o alcalde. Visitamos a biblioteca antes de ir á escola onde fixeron un obradoiro de "break dance". Un dos alumnos italianos, Nicola, explicou esta modalidade de baile e os seus pasos principais. A continuación, un profesor deste baile fixo un obradoiro práctico. Despois de xantar, fomos coñecer Pordenone, cidade próxima a Fontanafredda.