11/11/2022

Hoxe despedimos aos nosos socios do proxecto MusicVibe

As primeiras sesións da maña o alumnado italiano asistiu a clase con varios grupos do #iesafonsoxcambre. Mentres as docentes intalianas mantiveron unha reunión de seguimento coa coordinadora de proxectos europeos do noso centro.

Despois dun receso, asistiron a un concerto no salón de actos no que participou o alumnado de música do #iesafonsoxosabio e o alumnado italiano.


Pola tarde, despois de xantar 🍛 no instituto, rematamos a sesión cunha festa 🎊 na que participou a asociación Garrulaxe de Cecebre e o grupo Sultanes del Swing.


10/11/2022

09/11/2022

Terceiro día de mobilidade en Cambre

Hoxe a primeira hora o equipo do proxecto #erasmusplus 🇪🇺 #MusicVibe 🎸participou nun taller de tubos 🎶 sonoros.

Despois foron recibidos polo alcalde do #concellodecambre Óscar G. Patiño e o concelleiro de Turismo e Patrimonio Ramón Boga. A continuación, visitaron o museo 🏛️ arqueolóxico e a Igrexa ⛪ de Cambre.

Xa de volta no #iesafonsoxcambre participaron en dous talleres, un de inclusión a través do deporte ⛹️‍♀️🤾‍♀️🤼🤸 organizado por @enki_proyecto e outro de 🎤 voz.

Pola tarde, despois de xantar 🍽️ no restaurante Moncho, participaron nun taller de percusión 🎶




















08/11/2022

Segundo día da terceira mobilidade do proxecto MusicVibe

Hoxe o equipo do proxecto 🇪🇺 MusicVibe tivo un día repleto de actividades. Pola mañá fixeron un percorrido pola cidade da Coruña cos socios italianos 🇮🇹.

Despois de xantar no Rectorado, visitaron a Torre de Hércules e o Aquarium Finisterrae.














07/11/2022

Primeiro día da terceira mobilidade do proxecto MusicVibe

Hoxe recibimos no instituto aos nosos socios italianos do proxecto MusicVibe.

Á primeira hora, tivo lugar a recepción oficial no salón de actos na que a directora do centro, Belén Vidal, deu a benvida ao equipo italiano.

A continuación, o alumnado cambrés ensinoulle as instalacións do centro ao alumnado italiano e, despois dun receso, leváronse a cabo distintas actividades para romper o xeo.

Terminaron a mañá participando nun taller de deseño de camisetas.

Despois de xantar na Marisqueira, voltaron ao instituto para presentar a rexión e as cidades mais importantes do país de cada un dos socios do proxecto.

Remataron a xornada cun taller de baile onde, o alumnado galego compartiu co italiano as claves da danza tradicional galega.