11/11/2022

Hoxe despedimos aos nosos socios do proxecto MusicVibe

As primeiras sesións da maña o alumnado italiano asistiu a clase con varios grupos do #iesafonsoxcambre. Mentres as docentes intalianas mantiveron unha reunión de seguimento coa coordinadora de proxectos europeos do noso centro.

Despois dun receso, asistiron a un concerto no salón de actos no que participou o alumnado de música do #iesafonsoxosabio e o alumnado italiano.


Pola tarde, despois de xantar 🍛 no instituto, rematamos a sesión cunha festa 🎊 na que participou a asociación Garrulaxe de Cecebre e o grupo Sultanes del Swing.