Hoxe recibimos no instituto aos nosos socios italianos do proxecto MusicVibe.
Á primeira hora, tivo lugar a recepción oficial no salón de actos na que a directora do centro, Belén Vidal, deu a benvida ao equipo italiano.
A continuación, o alumnado cambrés ensinoulle as instalacións do centro ao alumnado italiano e, despois dun receso, leváronse a cabo distintas actividades para romper o xeo.
Terminaron a mañá participando nun taller de deseño de camisetas.
Despois de xantar na Marisqueira, voltaron ao instituto para presentar a rexión e as cidades mais importantes do país de cada un dos socios do proxecto.
Remataron a xornada cun taller de baile onde, o alumnado galego compartiu co italiano as claves da danza tradicional galega.