07/11/2022

Terceira mobilidade do proxecto

📢 Esta semana estamos a recibir no #iesafonsoxcambre a un grupo de catorce alumnos italianos 🇮🇹 acompañados por dúas profesoras 👩‍🏫👩‍🏫 que están a participar na terceira mobilidade de alumnado do proxecto #erasmusplus KA2 MusicVibe. Este proxecto está financiado pola Unión Europea 🇪🇺 e nel participamos de forma bilateral co Istituto Comprensivo Statale Rita Levi-Montalcini de Fontanafredda (Italia).

📢 A temática fundamental proposta para esta semana de traballo será a integración e a loita contra as desigualdades a través da música 🎵 e as artes 🎨. Durante toda a semana levaremos a cabo diversas actividades e obradoiros nas que o noso alumnado traballará co alumnado italiano empregando a lingua inglesa🇬🇧. Faremos un percorrido por Cambre e Coruña e outro por Santiago para mostrarlles o noso patrimonio artístico e cultural. Tamén contaremos coa participación da asociación cultural Garrulaxe de #Cambre para mostrar o folclore galego aos estudantes estranxeiros.