01/04/2022

Recepción de alumnado do proxecto MusicVibe

Durante a próxima semana, do 3 ao 7 de abril, un grupo de catorce alumnos italianos 🇮🇹 acompañados por dous profesores visitarán o #iesafonsoxcambre para participar na primeira mobilidade de alumnado do proxecto #erasmusplus KA2 MusicVibe. Este proxecto está financiado pola Unión Europea 🇪🇺 e nel participamos de forma bilateral co Istituto Comprensivo Statale Rita Levi-Montalcini de Fontanafredda (Italia).

A temática fundamental proposta para esta semana de traballo será a integración e a loita contra as desigualdades a través da música 🎵 e as artes 🎨. Durante toda a semana levaremos a cabo diversas actividades e obradoiros nas que o noso alumnado traballará co alumnado italiano empregando a lingua inglesa. Faremos un percorrido por Cambre e outro por Coruña para mostrarlles o noso patrimonio artístico e cultural, así como dous concertos en colaboración con alumnado doutros institutos e o instituto italiano. Tamén contaremos coa participación da asociación cultural Garrulaxe de #Cambre para mostrar o folclore 💃🕺 galego aos estudantes estranxeiros.