Hoxe recibimos no instituto aos nosos socios italianos. Comezamos a mañá cunha charla sobre equidade na que participaron tanto o alumnado italiano coma o do centro.
A continuación, tivo lugar a recepción oficial no salón de actos na que a directora do centro, Belén Vidal, deu a benvida ao equipo italiano.
Rematamos a mañá con dous talleres contra a discriminación nos que puidemos reflexionar sobre desigualdades, analizar diversas cancións e elaborar unha campaña publicitaria contra a discriminación.