Hoxe o equipo do proxecto MusicVibe foi recibido polo alcalde de Cambre Óscar G. Patiño e os concelleiros Daniel Mallo e Miguel Ángel Gutierrez. A continuación visitaron o museo arqueolóxico e a Igrexa de Cambre.
Xa de volta no instituto, participaron en dous obradoiros, un de voz impartido pola profesora Beatriz Alonso e outro de pandeireta, impartido polo profesor José Antonio Valiña.
Pola tarde, despois de xantar na cafetería do instituto, participaron nunha festa de folklore galego en colaboración coa asociación Garrulaxe de Cecebre.