27/12/2021

Concerto do coro

O coro do IES Afonso X O Sabio, formado por alumnado de 1º, 2º e 3ºESO e participante no proxecto MUSICVIBE, participou no concerto de coros escolares do IES María Casares de Oleiros, que tivo lugar o 20 de decembro pola mañá no auditorio da Fábrica (Oleiros). Neste concerto participaron estudantes dos institutos IES Neira Vilas, IES María Casares (ambos de Oleiros), IES Afonso X O Sabio (Cambre) e IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela) e rematou cunha interpretación grupal de todos os asistentes dunha canción que se montou en vivo. Moitas grazas á organizadora do concerto, ás directoras dos coros participantes e a todo o alumnado, que traballou con moita ilusión para preparalo. Artigo no periódico La Opinión de A Coruña

12/12/2021

Cantiga 302: A madre de Jesú-Cristo que é Sennor de nobrezas

 

O pasado día 9 de novembro unha parte do coro do IES Afonso X O Sabio gravou a cantiga 302 de Afonso X O Sabio na Igrexa Santa María de Cambre, acompañados polo guitarrista Santi Cañás e cos solistas Lucas Uriz, Raquel Cernadas e Ariana Asorey. A gravación ten por obxectivo celebrar o VIII centenario do nacemento do rei Afonso X O Sabio.

11/11/2021

Obradoiro de pandeireta

 Aquí presentamos un resumo do que foi o obradoiro de pandeireta tradicional dos martes


Moitas grazas a todos e todas as participantes, pero especialmente a Lucas Uriz e a Raquel Cernadas, esta última, ademais, foi a nosa profesora.