24/03/2023

Quinto día en Fontanafredda

Hoxe empezamos o día cun taller de inclusión. A continuación, os nenos compartiron aula de 🇩🇪 alemán, 🇮🇹 italiano, 🎨 arte, 🇪🇸 español … cos seus compañeiros italianos. 

Antes de comer seguiron 📽️📹 rodando o curto de inclusión e ensaiando para o 🎤 concerto final que tivo lugar pola tarde. 

Foi realmente 🥹 emocionante sentir a irmandade que conseguiron transmitirnos.

















23/03/2023

Cuarto día en Fontanafredda

Hoxe pasamos o día en Trieste. 
Pola mañá fixemos unha visita 🚶‍♂️🚶‍♀️ guiada polo interior do 🏰 castelo de Miramare e visitamos os seus preciosos 🌼🌸🌷xardíns. 
Comemos 🍛 en Trieste e pola tarde visitamos a 🖼️ exposición de Bansky. Visitamos entre outros lugares emblemáticos a praza Unità d'Italia.































22/03/2023

Terceiro día en Fontanafredda

Hoxe comezamos o día visitando Fontanafredda. 

Primeiro fomos á 📚 biblioteca pública e logo visitamos a igrexa de Vigonovo. Alí tivemos a oportunidade de ver e tocar o 🎹 órgano da mesma, peza única de 1900.

Despois fomos recibidos polo alcalde e regresamos ao 🏫 centro para participar nun taller de percusión con instrumentos reciclados. 

Pola tarde estivemos 📽️🎬 rodando un curto 🎞️sobre inclusión.