22/03/2023

Terceiro día en Fontanafredda

Hoxe comezamos o día visitando Fontanafredda. 

Primeiro fomos á 📚 biblioteca pública e logo visitamos a igrexa de Vigonovo. Alí tivemos a oportunidade de ver e tocar o 🎹 órgano da mesma, peza única de 1900.

Despois fomos recibidos polo alcalde e regresamos ao 🏫 centro para participar nun taller de percusión con instrumentos reciclados. 

Pola tarde estivemos 📽️🎬 rodando un curto 🎞️sobre inclusión.