22/03/2023

Terceiro día en Fontanafredda

Hoxe comezamos o día visitando Fontanafredda. 

Primeiro fomos á 📚 biblioteca pública e logo visitamos a igrexa de Vigonovo. Alí tivemos a oportunidade de ver e tocar o 🎹 órgano da mesma, peza única de 1900.

Despois fomos recibidos polo alcalde e regresamos ao 🏫 centro para participar nun taller de percusión con instrumentos reciclados. 

Pola tarde estivemos 📽️🎬 rodando un curto 🎞️sobre inclusión.























21/03/2023

Segundo día en Fontanafredda

Hoxe visitamos 🛶 Venecia. Fomos desde Sacile en 🚆tren e a media mañá fixemos unha visita guiada ao 🎭 teatro La Fenice. Despois visitamos a praza de San Marcos. 
Comemos🍕na praza San Giovanni e Paolo e pola tarde fixemos as nosas 🛍️compras en Rialto.

20/03/2023

Primeiro día da cuarta mobilidade do proxecto MusicVibe

Pola mañá recibíronnos no 🏫 centro 🇮🇹 italiano e fixéronnos un tour pola escola. A continuación, os nosos socios expuxeron unhas presentacións sobre Fontanafredda e nós sobre o noso 🎶 folclore. 

Para terminar a mañá fomos ao ximnasio para participar nun taller de expresión e relaxación corporal. 

Despois de comer 🍝 todos xuntos e celebrar o 🎂 aniversario de Uxía participamos nun taller de inclusión.