01/05/2022

Primeiro día de mobilidade en Fontanafredda

Despois dunha longa e fatigosa viaxe chegamos a Fontanafredda de madrugada. Hoxe, profesores e alumnos da escola italiana viñeron a recollernos ao hotel ás 11 da mañá e levaronos paseando polo pobo ata o seu centro educativo. Ensináronnos as súas instalacións e os alumnos xogaron nas súas pistas. Despois invitaronos a xantar alí todos xuntos. Como estábamos moi cansos regresamos ao hotel a descansar para poder comezar a semana con enerxía.