Hoxe comezamos os obradoiros na Scuola Media Italo Svevo de Fontanafredda. No primero, o noso alumnado e o italiano presentaron os seus respectivos centros de ensino e compartiron información sobre as rexións e cidades de procedencia. A continuación fixéronse actividades relacionadas coas igualdade de xénero. Alumnas da escola italiana fixeron un obradoiro de ballet, no que explicaron que é unha actividade considerada principalmente feminina pero que tamén hai moitos bailaríns, e remataron ensinando pasos de ballet a todos os presentes e facendo unha demostración.
Acabouse a mañà cun xogo de mesa no que se reflexionou sobre profesións e xénero.
Despois de xantar os nosos alumnos ensaiaron un pouco para o concerto do venres e remataron preparando un pequeno role play (en inglés) sobre igualdade de xénero.