03/05/2022

Terceiro día de mobilidade en Fontanafredda

Hoxe saímos da estación de Sacile rumbo a Venecia. Alí pasamos unha xornada inigualable desfrutando das marabillas desta cidade da man das nosas colegas italianas. Tivemos a sorte de que unha delas é natural de Venecia ademais de ser profesora de historia especializada na Venecia Antiga. Non hai palabras para describir tanta fermosura, así que deixamos a proba nestas fotografías. Xulgade por vós mesmos.